Xente do Leste. E V.
Cando Amaina e Anpu chegaron ao seu destiño, o resto agardaban escondidos tras unha pequena formación rochosa ao norte da cabana desvencixada que facía de cadea para os pobres nenos secuestrados na aldea. A moza informounos a todos da situación e tamén foi posta ao tanto do número de centinelas, non máis de seis. Vendo que tiñan a sorte de cara, sen máis, decidiron atacar. Borno cos seus homes máis Xalo e Anpu achegáronse sixilosamente aos catro homes que, sentados ante unha fogueira, gardaban o acceso á chouza, contaban con que dentro debía haber, a lo menos, outros dous homes máis polo que, as dúas mulleres xunto con Maturo, apostáronse tras un muro a medio derrubar que había á dereita da construcción, non moi alonxado da entrada.
Os atacantes lanzáronse con toda a contundencia sobre os captores quenes, collidos por sorpresa, non foron capaces de repeler o ataque. O primeiro en erguerse botouse, empuñando unha lanza curta, contra Anpu quen, armado únicamente cun coitelo, no só rexeitou o ataque apartando a lanza habilmente cun golpe do seu potente antebrazo, senón que trabou ao outro polo pescozo do mesmo xeito que trabara a Amaina, pero esta vez, infrixeulle co coitelo unha ferida case quirúrxica que, en cuestión de segundos, rematou con aquel infame no chan, abandoado pola vida. Xalo deu conta el só de outros dóus, a un dos cales fireu gravemente cun certeiro golpe de espada na parte interior do muslo do seu contrincante, mentres que un segundo atacante, que o atacou esgrimindo unha especie de daga curva diante da cara, recibeu tal golpe co canto do escudo de madeira de roble, que perdeu inmediatamente o coñecemento e unha chea de dentes. O cuarto centinela, ao percatarse da situación, rendeu a súa espada aos pés de Borno, e suplicando pola súa vida, axeonllouse no chan coas mans en alto.
Os de dentro, ao sentir o barullo, sairon precipitadamente coas espadas na man con intención de loitar, pero cando ao enfrontar aos atacantes se percataron de que tras eles , as dúas mulleres e máis Maturo os ameazaban coas lanzas firmemente asidas, optaron tamén pola rendición para tratar así de conservar a vida.
Mentres os homes procedían a desarmar e inmovilizar con cordas aos prisioneiros, Amaina, Dubra e Maturo entraron na chouza, alí os nenos agardaban espectantes e sumidos na incerteza e o medo, a resolución do barullo que sentían fora. Ao ver entrar á súa irmá, os ollos de Vecio resplandeceron de alegría. Os nenos estaban atados un a un polas mans con cordas e á vez todos a unha única cadea suxeita a un poste cravado no chan. Os rescatadores procederon a soltalos, e os nenos, ao verse liberados, abrazábanse a eles sen poder conter as bágoas. Semellaba que todos estaban ben máis alá de pequenas feridas e mazaduras nos xeonllos, nas pernas, brazos e cara, pero nada que conlevara gravidade. Vecio, o único que ademáis das máns tiña atados tamén os pés, amosouse máis enteiro que o resto, era o maior, e unha vez solto abrazou un intre á súa irmá e, sen darse tregua algunha, comezou a axudar a ceibar aos que faltaban. Cando todas as sogas estiveron retiradas Amaina apurou – Imos! Rápido! Agora temos que alonxarnos de aquí.- Saíron todos ao exterior onde os seus compañeiros xa tiñan aos dous secuestradores que sobreviviran presos con cordas de máns e pés e amarrados cada un a unha árbore. – Non podemos deixalos aquí vivos.- dixo Maturo. – Cando volvan os outros pode ser que decidan perseguirnos, cantos máis sexan peor, matémolos.- Amaina inteveu: -Non, levarémolos con nos, son reféns, chegado o momento podemos utilizalos coma moeda de cambio, e os cabalos tamén. – Anpu asinteu amosando o seu acordo coa moza e o resto, logo de pensalo por un intre, accederon, así arrincaron cara ao punto de encontro no que acordaran atoparse con Caio. Todos menos Anpu que decideu voltar atrás para unirse ao Romano.
Polo camiño, os nenos contaron a súa experiencia aos rescatadores, relataron coma os fixeron camiñar sin descanso durante as xornadas precedentes, sen proporcionarlles apenas comida nin auga. Según contaron, Vecio tentou escapar nun par de ocasións, pero fracasou e tivo que aturar golpes, incluso foi separado do resto e amarrado él só ao cabalo do lider, que lle daba tiróns para facelo caer e logo obrigalo a erguerse a patadas. Pero Vecio non achantou e durante todo o tempo prantou cara a aquelas bestas para protexer aos seus amigos, amosando unha responsabilidade e un liderado que enchía de orgullo a Amaina.
Cando chegaron ata o punto de reunión, xa pola tardiña, montaron un pequeno campamento onde os nenos puderan recuperar forzas para as xonadas de camiño que ainda lles quedaban por diante. Non fixeron lume para non delatar a súa posición, pero os rapaces puderon saciar a súa fame grazas ás provisións que a tropa trouxera en previsión dos acontecementos. Organizaron unha vixiancia apostando varios centinelas nos distintos puntos polos que un ataque pudera sorprendelos e dispuxéronse a pasar a noite.
Xa case era noite pechada cando Caio e Anpu apareceron cunha expresión de tranquilidade nos rostros que contrastaba coa preocupación dos demáis. Ao tempo que ceaban algo, puxeron ao grupo ao tanto das novas que consigo traían.
Mentres Caio vixiaba os movementos dos seus obxetivos, os sucesos precipitáronse de xeito imprevisible. Unha turba de xente irromperon na praia armados con lanzas, espadas, fouces e machadas, berrando contra os infames extranxeiros aos que acusaban da violación de dúas mulleres ademáis de diversos roubos que se produciran no poboado durante a noite anterior. Entre todos os arrodearon e detiveron facendoos prisioneiros. Debeu chegar o rebumbio ata o barco onde se atopaban o xefe da tropa e os outros dous, quenes voltaron precipitadamente a terra onde, tras tentar interceder polos seus homes e ante a imposibilidade de enfrontarse a aquela multitude enfurecida, e prevendo que a súa ira non tardaría en dirixirse tamén contra eles, decidiron voltar a embarcar no navío que, de inmediato, levantou as áncoras e parteu mar adentro. Cando Anpu atopou a Caio, ambos se sorprenderon pola facilidade e a sorte coa que a súa pequena aventura ía rematar.
Unha vez que o asunto semellaba resolto, todos puderon descansar, sin baixar non obstante a garda. No silencio da noite, Caio e Amaina falaron durante un longo tempo, repasando os sucesos e os pláns que se prepararan para o día seguinte. Caio informou á moza de que, antes de deixar o mercado, tivera a oportunidade de falar con aquel comerciante grego propietario do navío que o ía sacar de alí. Acordaran un prezo para que él mesmo e Ampu embarcaran ao día seguinte, e ser trasladados a Cartago Nova, cidade que según o grego se atopaba xa en máns dos romanos e dende onde mirarían de emprender viaxe a Roma.
Amaina non pegou ollo en toda a noite, pensou moito no futuro do seu irmán, no do seu pobo e no seu propio e, ainda non chegada a hora da saída do sol, espertou a Vecio. – Teño algo moi importante que dicirche. Con esta experiencia xa amosaches sobradamente que estás preparado para ocupar o sitio de papá cando chegue o momento. E ese momento está a piques de chegar. Polo romano souben que moi pronto todo vai cambiar, os romanos están establecéndose no leste e, máis pronto que tarde, expandiranse ata chegar aos nosos territorios. Non nos poderemos enfrontar a eles, contan con exércitos enormes, con armas que nos nin podemos imaxinar, sería un suicidio. Ademáis, son unha nación enorme, agora que semella que poderían derrotar definitivamente aos seus maiores enimigos, serán os amos de case todo o mundo. Temos que aprender a sacar partido de esta situación, debemos poder ofrecerlles o que eles buscan a cambio do seu respeto ás nosas xentes e ás nosas tradicións. Esa será a túa misión.- Vecio escoitaba atentamente as palabras da súa irmá e facía por comprender aquelo e as repercusións que traería. Amaina continuou: – Eu, pola miña parte, teño outra misión, para poderte axudar a tí e á nosa xente partirei cos romanos, aprenderei a súa lingua e costumes, os seus intereses e voltarei para axudar a preparar os cambios que se achegan.-
Mentres os irmáns falaban, a alborada achegouse e Caio e Ampu preparáronse para partir, Amaina comunicoulles as súas intencións que a Caio lle pareceron moi sensatas e acertadas, – Eu axudareite e todo canto poda, non debes temer nada.-
Amaina ainda falou con Maturo a quen lle pideu que coidara, axudara e aconsellara a Vecio na súa ausencia e con bágoas nos ollos, despideuse de todos, un a un, agradecéndolles a axuda que lle prestaran no peor momento da súa vida.
Así partiron, quedaban flecos por resolver, coma qué facer cos prisioneiros ou a resolución da traición perpetrada por Camalo, pero Amaina partía coa tranquilidade que lle daba a confianza en Vecio e Maturo.
Mentres se alonxaban, Amaina ollou para o seu irmán e xa non veu a un neno, veu ao home que dirixiría o destiño da súa xente nos vindeiros tempos, o xefe que atoparía ao regreso da nova aventura que se abría para ela.
Fin.