A ILLA DO TESOURO
Pequena introducción á historia do ska II
Talent show.
No ecuador da década dos mil novecentos cincuenta, en Kingston, todo o mundo quería ser cantante. Básicamente porque era o xeito máis realista para sair da miseria. Por tal motivo proliferaron unha serie de espectáculos-concursos que ofrecían unha oportunidade a xóvenes que pretendían acadar o éxito. De entre todos, o que maior repercusión acadaba era “Vere Johns Oportunity Hour”, artistas coma Derrick Harriott, Bob Andy, Desmond Decker, os Wailers, Alton Ellis ou Laurel Aitken pasaron por eses shows nos que todo dependía da decisión do público.
Era habitual que os concursantes invitaran ás súas amizades para que os apoiaran e, claro, para que ouvearan aos competidores. Incluso podías alugar un cantos seareiros de entre os que se ofrecían ás portas dos teatros.
Como podedes supoñer, o trunfo neses concursos non supuña un acceso directo á fama, nin acostumaba a ter máis repercusión que as poucas libras que o gañador levaba para a casa ou a posibilidade de actuar nalgún clube nos que, si había paga, era mais ben escasa.
Do it yourself.
Unha opción onde investir os cartos gañados era a de gravar un disco de acetato nun dos escasos e primitivos “estudios” que existían. Entre os empresarios que se adicaban a este negocio estaban Stanley Motta, un “sound man” propietario tamén dunha tenda de electrodomésticos, ou Ken Khouri e o seu irmán Richard.
Nestes establecementos, calquera que pagara unha libra podía gravar unha cara de dous minutos e medio de duración co acompañamento dun trío vocal ou un pianista. En cuestión de minutos, o cliente tiña un producto rematado que podía ofrecer aos “sound system”, quenes sometían a grabación ao xuizo do público e, si este era favorable, o artista podía recibir unha remuneración e a promesa de recibir outra maior na seguinte ocasión.
E por que tiñan interese os “sound system” neses discos artesanais? Por un lado, xa falamos da importancia da exclusividade nas seleccións musicais que se pinchaban, por outro, a mediados dos cincuenta, a expansión do Rock & Roll nos EE.UU. despraza aos estilos anteriores complicando a busca incesante de novidades e obrigando a ter que recurrir ás tendas de segunda man. Así, os empresarios do sector, que se negan a abandoar a tradición de música negra dos seus negocios, abren tamén a porta aos novos talentos locais.
Trío de ases.
Tamén xa falamos da revolta que no mundo dos “sound system” supuxo a irrupción dunha segunda tanda de empresarios, xente nova que medrara xa no ambiente dos “dance hall” e viron as posibilidades destes negocios a nivel social e comercial.
Clement Dodd era un neno afeccioado ao Jazz que pinchaba no gramófono da licorería da súa nai, na súa vida todo semella empuxalo hacia a música, ainda que foi carpinteiro e temporeiro nos USA, onde recibía pedidos das “sound system” que tiñan confianza no seu criterio. Co tempo abriría en Kingston o seu propio negocio “Sir Coxsone`s Downbeat”, que acadou gran éxito grazas ao refinamento técnico do seu son e á intelixencia para o marketing de Dodd, que incorporaba para cada novo tema un paso de baile que o público aprendía.
Otra cousa era Arthur “Duke” Reid, un ex-policía que cos cartos dunha lotería que lle tocou á muller, abreu unha licorería. Reid chegou a presentar o programa radiofónico que patrocinaba, “Treasure Isle Time”, gañándo soa de ter non só bo oído, tamén de coñecer moi ben os gustos do gueto. Con esa mochila decideu abrir “Duke Reid the Tojan”. Reid era un empresario que operaba nos mesmos barrios nos que patrullara, con moitos contactos nos círculos da delincuencia local. Sempre ía armado e acompañado do seu comité de seguridade. Así pasou por ser o principal responsable da violencia vinculada aos “dance hall” coas súas prácticas expeditivas.
O último en chegar foi un tipo chamado Cecil Campbell, quen adoptaría logo o nome de Prince Buster. Prince era un boxeador afeccioado que escomenzou a traballar para Coxsone quen, para defenderse das actuacións mafiosas do persoal de Reid, decideu montar o seu propio equipo de seguridade. Grazas ao seu coñecemento do R&B estadounidense, que lle permitía recoñecer as cancións só escoitando dende a porta dos locais da competencia, Buster foi gañando posicións no organigrama de Coxsone pero, como non se sentía debidamente compensado, decideu abrir pola súa conta un “sound System” ao que chamou “Voice of the People”.
Era 1958 e as bases da industria musical xamaicana estaban plantexadas nas mentes destes tres imprescindibles personaxes.
Ainda non…
A importancia das gravacións de R&B producido na casa foi acadando cotas cada vez máis altas ata o punto de que algún dono de “sound system”, o primeiro foi Duke Reid, apostaron por financiar a gravación dos seus propios materiais. Pagaban o aluguer dos estudios e os músicos e quedábanse co acetato unha vez gravado. Para estas sesións contaban coa gran reserva de músicos das bandas de jazz xamaicano, calipso e mento que amenizaban os salóns de baile dos hoteis que atendían principalmente ao turismo norteamericano. Clement Dodd e Prince Buster seguirían o mesmo camiño que Reid, e ainda que as sesións de Coxsone tiñan fama de contar cos mellores artistas locais do momento, as de Buster pasaban por ser as máis innovadoras e experimentais. Tamén se incorporaron á escea novos “productores” que non eran donos de “sound system” e que tampouco procedían do gueto: Chris Blackwell de familia británica propietaria de plantacións de azucre, nacido en Londres e educado en Harrow; e Edward Seaga, antropólogo de Harvard, interesado na cultura negra xamaicana, con aspiracións políticas (chegaría a ser o primeiro ministro xamaicano entre 1980 e 1989) e dono da “West Indies Records Limited”, compañía que a mediados dos sesenta vendería a Byron Lee.
Cando os emprendedores da música xamaicana se percataron de que eses discos que producían podían ter saída máis alá das “sound system”, escomezaron a crear os seus propios selos discográficos. Coxsone fundou “All Stars” e “Worldisc”, Prince Buster “Voice of the People” en 1960 e Duke Reid “Treasure Island”. Outro afamado pioneiro era Ken Khouri, do que xa falamos, propietario de “Federal Records”, un tipo con fama de facer caixa sen moitos escrúpulos.
O círculo pecharíase cando en 1959, a familia Tawari, donos dun teatro e coñecedores da escea musical xamaicana, fundan “Caribean Records”, que ainda que non tiña estudio de gravación, ofrecía os servicios de masterización e prensado que permitiron que o proceso pudera pecharse sen sair de Xamaica para masterizar e prensar nos EE.UU. onde se cobraba aos xamaicanos tarifas prohibitivas.
Deste xeito nace o negocio musical en xamaica que prosperou tamén grazas ao aumento de aparellos de reproducción en mans das clases medias e ao incremento na demanda de discos parte dos particulares.
Sementa e colleitarás.
Hay unha institución en Kingston que constitueu o viveiro no que medraron moitos dos máis grandes músicos do reggae. A escola para rapaces rebeldes “Alpha Boys School” foi fundada no 1880, pola congregación das Irmás da Misericordia, para acoller e educar aos rapaces desarraigados dos suburbios. Nos séus programas formativos, que incluían diversas profesións, adquireu un papel relevante a formación musical, sobre todo a partir da creación no 1890 dunha “Brass Band”.
A lista de músicos que pasaron por ela é, cando menos, sorprendente. Só a modo de referencia, cabería citar a Don Drummond, Johnny “Dizzy” Moore, Lester Sterling e Tommy McCook, catro dos fundadores dos míticos Skatalites, tamén o trombonista Rico Rodriguez, Johnny Ousborne, Desmond Decker, Bobby Ellis, Cedric Brooks ou Delroy Wilson. Tamén grandes músicos do Jazz xamaicano pasaron polo centro e, incluso, o primeiro afrodescendente que dirixeu a Orquestra Sinfónica de Londres, Leslie Thompson, Foi alumno da institución e dirixeu a súa banda de música.
Si tedes cinco minutiños, neste vídeo podedes ver a escola e a moitos dos seus antigos alumnos:
E no vindeiro episodio…
Os ventos de cambio que achegaban Xamaica á súa independencia precisaban dunha música capaz de unir e definir a un pobo, pero que esa música tivera a forza de converterse nun motor económico para a illa e que fora capaz de transcender en todo o planeta, pois igual non era moi previsible. Ainda así, sucedeu.
C. Crespo