A Illa do Tesouro
PEQUENA INTRODUCCIÓN Á HISTORIA DO SKA III
Un asunto de familia
Nos finais dos anos cincuenta, os músicos que traballaban nas gravacións dos primeiros estudios xamaicanos eran sempre os mesmos, uns vinte ou trinta profesionais que, combinados en distintas formacións, podían prestar servizo indistintamente a un ou a outro productor, ainda que logo de cara á galería, trátabase de amosar unha imaxe de terrible rivalidade, que existía, pero non neste ámbito. Utilizaban, eso sí, distintas denominacións según traballaran para Reid (Duke Reid Group), para Coxxone (Blues Blasters) ou para Buster (All Stars).
A lista dos músicos non era, como dixen, moi extensa. Entre os que copaban as sesións estaban os saxofonistas Val Bennet e Roland Alphonso, trombonistas coma o mítico Don Drummond ou Rico Rodriguez, o trompetista Oswald Baba Brooks e o trompista Stanley “Ribs” Notice, os guitarristas Ernie Rangling e Jerome “Jah Jerry” Hines, Theophilus Beckford ao piano, Cluett Johnson, baixista, e Arkland “Drumbago” Parkes á batería.
Ao redor deste núcleo creativo xerouse unha dinámica da que todo Kingston quixo partipar dun ou outro xeito, un movemento comunitario na procura dunha forma musical que puderan reivindicar coma propia, nun momento no que os lazos coloniais co Reino Unido escomenzaban a romperse (en 1959 inaugurouse unha forma de autogoberno na illa que concluiría na independencia), pero tamén os lazos culturais que os ataban aos Estados Unidos.
O primeiro Ska
Si nos poñemos á laboura de atopar o primeiro tema Ska, atoparíamos unha chea de xente que se reivindica coma o auténtico creador do novo son, e isto estaría ben, só teríamos que elixir a un de entre os candidatos en función das datas das gravacións, e colgarlle a medalla de “pai fundador”, pero as cousas non son tan sinxelas, e en Xamaica, menos.
No momento do que falamos, o concepto de propiedade intelectual era descoñecido en Xamaica, de feito, ata o ano 2003 na illa non se contou cunha lexislación sobre dereitos de autor, polo tanto cando un novo son chegaba ás “sound system” non tardaban moito en circular varias versións alternativas.
Pero ademáis ningún movemento musical, pictórico ou de calquera índole xorde dun momento para outro coma os cogumelos no monte, sempre hai un período de transición que no caso que nos ocupa consiste nun percorrido que nos leva do R&B ao Ska ou, como di Lloid Bradley no volume xa citado no capítulo I, voar dende o “Muriel” de Alton & Eddy ata o “Guns of Navarone” dos Skatalites.
Tres discos publicados, con poucos meses de diferencia, entre finais de 1959 e 1960 marcan o desvio do estándar cultural vixente cara a unha xamaicanización da música.
“Manny Oh.”
De Edwar Seaga xa falamos no capítulo anterior e xa sabemos da súa interese polo feito cultural xamaicano e que era propietario da “West Indies Records Limited”, compañía que posuía licencias para publicar discos estadounidenses, o que lle proporcionaba un gran coñecemento do potencial de ventas da industria musical na illa. Ademáis, Seaga xa gravaba a grupos locais e estaba ao tanto dos gustos do público do gueto e das demandas dos “sound system”, polo que era só cuestión de tempo que todo ese coñecemento se materializara nunha gravación. Foi a finais de 1959 cando, da man do dúo formado por Joe Higgs e Roi Wilson, grabou o tema “Manny Oh!”, un Boogie Boogie de estilo R&B no que se introduxo un sutil arranxo procedente do Mento, consistente no desprazamento do énfasis do tempo do piano cun “off-beat” de guitarra (como o que facía o banjo no Mento). Este sinxelo e case inapreciable cambio bastou para que o público identificara algo netamente xamaicano e fixo que o tema acadara un enorme éxito vendendo, según as fontes, entre 25.000 e 50.000 copias nun pais do terceiro mundo con apenas millón e medio de habitantes.
“Easy Snappin´”
Clement Dodd tamén se dera conta de que acadaban mellor acollida entre o público aqueles temas nos que a interpretación soaba máis xamaicana, por eso alentaba esa vocalización no estudio fronte ao acento impostado que imitaba aos solistas norteamericanos. Buscando profundizar nesa tendenza hacia o autóctono, Dodd reuneu a Ernie Rangling, quen pasaba por ser o seu guitarrista de cabeceira ademáis de ocuparse dos arranxos nas súas gravacións, e ao baixista Cluett Johnson, o xa citado baterista “Drumbago”, Rico Rodriguez e Theophilus Beckford para grabar varios acetatos nos que a consigna era, conservando o ritmo de R&B, desprazar o acento ao segundo e cuarto tempo, afondando así na diferenciación iniciada por Seaga.
O propio Ernie Rangling explicao moi graficamente no documental da BBC “The story of jamaican music” de 2002 que podedes ver aquí a partir do minuto 6:47, ainda que vos recomendaría o visionado completo.
A dificultade de asignar a paternidade da música Ska queda reflexada no feito de que, a versión que se comercializou de este tema grabouse semanas despois e nela Rangling e “Drumbago” foron sustituidos por outros músicos, ficando desvinculados dunha canción que foi acreditada a Cluett Johnson.
“Oh Carolina”
E claro está, que Prince Buster, quen se autoproclamaba “Voice of the People” e que tiña a sona de ser o mais innovador e arriscado no estudio, non ía quedar atrás á hora de escavar nas raices africanas para buscar o son co que realmente se puderan identificar os “sufferah”, os sufridores habitantes dos suburbios occidentais de Kingston.
Tras gravar unha serier de temas, coma “Humpty Dumpty” ou “African Blood”, nos que se aplicou un novo concepto no uso do bombo e a caixa, que debían soar coma nun desfile, según a descripción do mesmo Buster, así coma a introducción dun rasgueo de guitarra e un acompañamento de vento que se acompasara con ese ritmo de marcha, deu un paso máis para afondar no elemento cultural ao convencer ao recoñecido percusionista rasta Count Ossie para que participara nunha das súas gravacións.
A cousa non debeu ser doada, pois Buster tivo que vencer a desconfianza que no campamento de Wareika Hills, onde vivía a comunidade rasta, existía hacia calquera idea que viñera de “Babilonia”, a expresión que representa no vocabulario rastafari ao sistema opresor. Vencidas múltiples reticencias e prexuizos, Buster meteu nun estudio ao pianista Owen Gray, ao grupo de percusionistas de Ossie e a un trío de cantantes adolescentes chamados Folkes Brothers e, despois dunha longa e complicada sesión, gravaron tres pistas decentes entre as que resalta “Oh Carolina”.
O tema foi un gran éxito, pero o máis relevante foi o seu impacto cultural, pois foi percibido coma unha expresión e reivindicación da negritude xamaicana, e isto é o que a sitúa coma un dos fitos esenciais desta historia. Tamén supuxo un fito o vínculo que, a partir de aquí, se estableceu entre a cultura rastafari e a industria musical xamaicana, vínculo que pervive hoxe.
Mellor oílo.
Pois como non hai cousa mellor que camiñar o camiño, aquí vos deixo unha “playlist” cunha selección que vai dende os éxitos do R&B estadounidense que soaban nos “sound system” , pasando por grabacións xamaicanas de ese mesmo estilo, ata os temas que representan a ruptura que conduciría ao xenuino son xamaicano.
C. Crespo
